LICOR DE ARANDOS BELLO BLANCO

LICOR DE ARANDOS BELLO BLANCO

Categorías: ,

30,00

Descrición:

Licor de arandos 700 ml – 27 % Vol

Licor artesán a base da materia prima máis selecta: augardente de uva Godello do Barco de Valdeorras, azucre ecolóxico con auga mineralizada para a elaboración do xarope e arandos cultivados de forma sostible na zona de Betanzos (A Coruña)

Dispoñibilidade:

Hai existencias

Descrición:

Edición limitada de 323 botellas únicas

Visual: Color maxenta moi vivo e uniforme completamente limpo de impurezas e lixeiramente translúcido, textura sensiblemente densa. Esta densidade pode chegar a ser un pouco máis acentuada no caso de servilo a baixas temperaturas.

Aroma: Predominio do arando e lixeiramente poden percibirse matices florais de augardente.

Sabor: Destaca principalmente o sabor do arando sendo o protagonista exclusivo e gañando protagonismo tempo despois de bebelo. Lixeiramente doce, aquelas persoas acostumadas a licores con moito azucre poden atopalo algo estraño.

Temperatura óptima de consumo: Oxixenar uns minutos unha vez aberto por primeira vez e servir a temperatura ambiente nunha copa en forma de tulipa ou balón para unha correcta degustación. Para iniciados no mundo licor, consumir entre 3 e 8ºC para un sabor máis suave.

Maridaxe: Perfecto para desfrutar só, acompañado de doces ou incluso formando parte de receitas de pastelería.

Tamén che pode interesar

    HABELAS HAILAS ORUJO 70CL

    11,90

    O noso Oruxo está protexido pola indicación xeográfica protexida “Augardente de Galicia”, é o resultado dunha coidada destilación do bagazo seleccionado e fermentado previamente. Como resultado obtemos unha augardente branca brillante, aromas frescos de peles de froita madura e substancias aromáticas volátiles, un rosario lixeiro no vaso e cheo no padal.

    LICOR CAFÉ – POUSA 70CL

    17,95

    O gran protagonista do desenvolvemento de LICORES POUSA é José Antonio Pousa. O seu desexo de elaborar e crear novos licores, con ideas sempre á vangarda, revolucionou os hábitos alimentarios de millóns de consumidores, levando a maceración lenta e os licores de receitas tradicionais ao consumo masivo.

    AUGARDENTE BRANCA – POUSA 70CL

    17,95

    A partir de vellas receitas, cheas de amor e anos de historia familiar, de historia de Galicia, elaboramos os nosos licores, co obxectivo de poñer o toque final a grandes momentos, facer historia contigo.

    LICOR CAFÉ SEN CAFEÍNA BELLO BLANCO

    30,00

    Licor de café sen cafeína 700 ml – 32.2 % Vol

    Licor artesán a base da materia prima más selecta: augardente de uva Godello do Barco de Valdeorras, panela ecolóxica peruana e café descafeinado ecolóxico UTZ.

Ultramarinos
X