Descrición:
Non esperes que Entroido sexa un vermú máis. Porque Entroido é todo o que non esperas. É Galicia no seu sabor, é atlántica no seu carácter. Entroido é maxia e non se espera maxia.
ELABORACIÓN: Selección de herbas prestando especial atención aos máis representativos de Galicia como fiúncho, cilantro, eucalipto e loureiro entre outros.
Infusión deles mediante un proceso de maceración nunha base hidroalcohólica durante aproximadamente 2 meses. Prensado das herbas proceso polo que se obtén a infusión. Por outra banda, empregamos o noso viño Albariño Valmiñor elaborado de xeito regular. A infusión e o viño mestúranse na proporción deseñada xunto co azucre. Posterior corrección da graduación alcohólica a 15º.
CATA: Entroido é de cor amarelo palla, evocando a cor do Albariño Valmiñor que constitúe a súa base, ademais, ten reflexos dourados de certa intensidade. É brillante e transparente. Presenta un nariz cítrico con notas moi marcadas de laranxa e limón e tamén moi floral, todo arroupado con agradables toques especiados. Destacan especialmente as notas de fiúncho, loureiro e cilantro, flores como as rosas e notas balsámicas como a menta e o eucalipto.
Tamén mostra especies como a canela. O Entroido é complexo, intenso e elegante, con boca atlántica, fresco e evocador do monte galego. É igualmente untuoso e cunha acidez moi agradable, envolvente e cítrica.
MARCA: Entroido.
ADEGA: Adegas Valmiñor.
TIPO: Vermú vermello elaborado a partir de albariño.
TEMPERATURA DE SERVIZO: 6 – 8ºC.
GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 15%.