Sobre Orixe

A orixe de Orixe Ultramarinos

 

Martín Pais, creador de Grupo Orixe Gastronomía Galega: “Orixe significa a volta á terra, ao orixe, ás raíces gastronómicas de este pobo tan rico no que temos a sorte de vivir”.

 

A idea da tenda surxiu como unha extensión natural do restaurante. Por un lado, a xente que nos preguntaba dónde mercar o produto que tíñamos, que é exclusivo e de produtores pequenos, e era moi complicado conseguilo. E por outro, durante a espera dos clientes para sentarse na mesa no restaurante, queríamos trasladalos a un lugar propio. Inspireime no primeiro negocio de meus pais, un ultramarinos, e en ese recordo de andar entre os barrís de viño, o sal a granel, a fariña, os apeiros de labranza e esa vida que se facía dentro do ultramarinos. Era un ultramarinos, bar e centro social e cultural do pobo.

O significado de Orixe Ultramarinos

 

A palabra ultramarinos evocame as cuncas de viño, o produto a granel que viñan a mercar as señoras, os señores de campo que viñan a mercar abonos e ferramentas, o olor a viño e madeira, á salinidade das sardiñas en salazón… Teño presente na miña mente unha imaxe moi particular, a das fouces colgadas encima dos aseos do ultramarinos. Esas fouces colgadas por enriba das cabezas son tamén Orixe Ultramarinos.

O porqué de Orixe Ultramarinos

 

Meus pais crearon no seu día un ultramarinos, con esforzo e traballo. A miña idea era poder honralos dalgunha maneira e relacionar eses recordos e esas imaxes fotográficas da miña infancia, coa tenda, de unha maneira máis actual pero inspirada en esa forma de vida. Para plasmalo, recuperamos para a tenda señas decorativas e estructurais para crear a atmósfera do ultramarinos de antaño de meus pais.

Ademáis, traballamos nun local sosteñible facendo uso cero de plástico, que os envases sexan retornables, utilizando bolsas e etiquetas de papel ou envases de cristal ou cartón.

Queremos que todo o que se xenere nesta terra, retorne a esta terra.

TES ALGUNHA DÚBIDA?

AXUDÁMOSCHE

                                

AS NOSAS REDES

ES_Financiado_por_la_Unión_Europea_RGB_WHITE_Outline
Logo PRTR dos líneas_BLANCO
X

Si continúas usando este sitio, aceptas el uso de cookies. Más información.

Los ajustes de cookies en esta web están configurados para «permitir las cookies» y ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues usando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar», estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar