Descrición:
O gran protagonista do desenvolvemento de LICORES POUSA é José Antonio Pousa. O seu desexo de elaborar e crear novos licores, con ideas sempre á vangarda, revolucionou os hábitos alimentarios de millóns de consumidores, levando a maceración lenta e os licores de receitas tradicionais ao consumo masivo.
A partir deste momento a historia de Licores Pousa parte, do desexo e do traballo incansable dunha persoa cun claro obxectivo, ofrecer licores artesáns e etiquetados ao público dun xeito elaborado, dándolle tempo ao seu espazo para actuar sobre a materia prima.
Este é o gran segredo, elaboramos os nosos licores coma hai 100 anos e nótase no gusto.
A partir de vellas receitas, cheas de amor e anos de historia familiar, de historia de Galicia, elaboramos os nosos licores, co obxectivo de poñer o toque final a grandes momentos, facer historia contigo.
Feita a base láctica e combinada con orujo con notas de vainilla, caramelo e canela.
VISTA: Limpo, denso e cunha cor beis.
AROMA: De gran intensidade que lembra o caramelo e a vainilla. Montado sobre un vibrante fondo de oruxo.
SABOR: Entrada equilibrada e apetecible. Cun marcado regusto de biscoito e xeado de vainilla.