Descrición:
Este peculiar licor de pemento é o resultado da perfecta harmonía entre dous dos produtos máis tradicionais de Galicia: augardente e pemento “uns pican e outros non”, no caso do noso licor “pica si ou si”. A súa maceración en frío permítenos obter unha gran intensidade aromática.
É un licor cheo de sabor, perfumado, cálido e sedoso; ten unha extraordinaria persistencia de sabores de regusto cunha lixeira presenza picante. Recoméndase servilo frío, entre 2 e 6º nun vaso frío, e non é recomendable engadir xeo.
Presentación e capacidade do envase: elegante botella de 70 cl decorada cun debuxo animado do humorista Davila que combina perfectamente o humor e as tradicións galegas.
Graduación alcohólica: 25º