Descrición:
Edición limitada de 385 botellas únicas
Visual: Color negro escuro uniforme con bordes acaramelados, textura sensiblemente densa, moi untuosa a temperatura ambiente debido á axitación diaria. Esta densidade pode chegar a ser un pouco máis acentuada en caso de servilo a baixa temperatura.
Aroma: Predominio do café con pequenos matices a mel e froita madura.
Sabor: Destaca principalmente o café, sendo o protagonista exclusivo. O sabor a panela é moi sutil.
Temperatura óptima de consumo: Oxixenar e servir a temperatura ambiente nunha copa en forma de tulipa ou balón para unha correcta degustación. Para os iniciados no mundo licor, consumir entre 3 e 8ºC para un sabor máis suave.
Maridaxe: Perfecto para desfrutar só ou acompañado de froitas e doces.